"A capela de San Simón"

xoves, 4 de xullo de 2013


A capela de San Simón data do século XIX e correspóndese coa época de construcción da maior parte dos edificios do lazareto. Nos arredores, onde se atoparon enterramentos medievais, estaría seguramente ubicada a vella ermida marítima da cantiga do trobador Mendinho".


Esta capela foi deseñada por Alejo Andrade Yáñez e destaca a súa fachada de cantería de estilo neoclásico con porta de acceso rematada en arco de medio punto. Na súa restauración eliminouse a falsa bóveda e recuperouse a cuberta orixinal. Construíuse un soportal novo na fachada este para permitir o seu uso como refuxio ós visitantes.









No ano 1977 por acordo da Corporación Municipal de Redondela establécese o día 28 de outubro como festivo oficial en todo o municipio e celébrase na capela da illa unha misa por todos aqueles que morreron cando foi convento, lazareto, prisión ou albergue nacional, así como por todos aqueles mariñeiros da localidade que encontraron a morte no mar.






Fuente: As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia (José- Antonio Orge Quinteiro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario