Marisma Máis

Marisma Máis inspírase no proxecto aprobado na anterior convocatoria, polo que supón unha continuación e posta en valor das actuacións acometidas no proxecto Marisma.

O ámbito territorial desta actuación é a enseada de San Simón, enclave de gran valor paisaxístico, histórico e cultural cuxo centro é a marisma.

O fin de Marisma Máis é incrementar o número de ámbitos de actuación postos en marcha, engadindo os de protexer e preservar o patrimonio cultural e promover a conciliación familiar e a cohesión social.