FESTA DA COCA 2015

Durante cinco días, do 3 ao 7 de xuño, e coincidindo coa festividade do Corpus Christi, terá lugar a Festa da Coca en Redondela.

Unha lenda asegura que, moi preto de Redondela, vivía un dragón que cada certo tempo se achegaba á vila para apresar e levar á súa cova a unha meniña. Cansos, os xoves mariñeiros decidiron encararse co monstro e pelexaron ata vencelo e liberar ás cautivas. Despois, para celebrar a victoria danzaron coas súas espadas arredor del.

Para rememorar o mito, durante a festividade do Corpus e desde o século XVI, na procesión polas rúas engalanadas con alfombras florais creadas durante a noite anterior polos veciños de Redondela, participa a figura da Coca, dragón procesional que representa o negativo deste mundo, acompañado polos Danzantes de Espadas e das Penlas para escenificar a victoria sobre o dragón. Estas últimas levan por riba dos seus ombreiros rapazas pequenas para formar un único conxunto coreográfico cos Danzantes das Espadas co obxectivo de escenificar a alegría das nais pola morte do dragón a liberación das súas fillas.

Espectáculos, concertos, exhibicións ou representacións onde se recrea a lenda da Coca forman parte dun amplo programa festivo.













FONTE: http://www.turgalicia.es/portada?langId=es_ES e http://www.redondela-server.net/