Participa na túa historia, ven ó MEIRANDE

mércores, 16 de outubro de 2013


Despois de tanto tempo agardando por fin se abren as portas do MEIRANDE, o Centro de Interpretación da Batalla de Rande. 

A batalla de Rande constitúe un dos fitos navais da historia de Galicia, e tamén unha das máis importantes lendas desta comunidade. Foi o 23 de outubro de 1702 cando os galeóns españois chegaron á ría de Vigo cargados co maior tesouro que xamais cruzara o Atlántico, tesouro que converteu ó Capitán Nemo no primeiro cazatesouros da ría.


O MEIRANDE, construido nas ruínas da conservera Boyé, tamén coñecida como a "Fábrica do Alemán" supón para os veciños da zona de Rande un soño feito realidade. Por fin a Batalla de Rande ten o recoñecemento que se merece, ocupando un lugar privilexiado no corazón da ría.


Será o día 9 de novembro cando teremos a oportunidade de revivir este acontecemento, adentrarnos nos camarotes, coñecer os personaxes, pezas e curiosidades que esta lenda agocha...Vide a descurbrir o tesouro de Vigo, vide a descubrir o MEIRANDE!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario