"A flora da illa de San Simón"


mércores, 31 de xullo de 2013

Xa de antigo, medraba nas illas moita e boa herba, que aproveitaban os habitantes dos arredores para o pasto das cabalerías. Había tamén plantas medicinais como a centáurea menor, a herba de San Xoán, o seoane, a herba moura, o sabugueiro, o fiuncho, o trevo, a dedaleira e outras moi estimadas. Ademáis aparaeceron evidentes indicios dun antigo plantío, atopándose no mesmo lugar menta, cantroxo, lirio azourido, mostaza, durmideira branca, mirto aromático, remolacha e algúns rosais xa incultos e silvestres.
Debido a isto, nas illas percibíase un olor moi suave e fragante que despedían as herbas aromáticas.

En gravados dos anos 1838/1842 compróbase a ausencia case total de arboredo.



Hoxe en día as illas teñen unha grande densidade de eucaliptos, que causan un grave prexuízo ás instalacións existentes. Observamos tamén algunhas acacias, plántanos, palmeiras, buxos centenarios e unha grande variedade de pequenas árbores froiteiras. Hai poucos anos experimentouse cun reducido viveiro de carballos, cando se pretendía repoboar as illas.
















Fuente: As illas de San Simón. Aproximación á súa historia (José-Antonio Orge Quinteiro)

No hay comentarios:

Publicar un comentario