Mostrando entradas con la etiqueta redondela; marismamais; galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta redondela; marismamais; galicia. Mostrar todas las entradas

XXIX FESTA DO CHOCO

Como cada principios de maio, Redondela acolle a Festa do Choco. Esta festa gastronómica de gran tradición na vila exalta o produto típico do municipio, xa que os chocos abundan na Enseada de San Simón.
Os chocos de Redondela contan cun selo de calidade que garante a súa orixe e mantén  un control total da trazabilidade do produto, sendo requisito imprescindible estar adherido a esta marca para comercializar as elaboracións e pratos de degustación na festa. 

Mañá, inaugúrase ás 12.00 horas, a carpa de degustación na que se poderán probar os distintos pratos.
Durante a festa os máis importantes hostaleiros do municipio, participan nunha competición gastronómica . Este ano o concurso gastronómico realizarase o sábado 9 de maio, ás 12.30 e será presentado por Carmen  Albo a directora do programa “Guisándome la vida” de Radio Vigo.
O domingo será a lectura do pregón a cargo da actriz, cantante e presentadora Teté Delgado.



Durante a fin de semana tamén se poderá gozar das diferentes actuación musicais que percorrerán a vila e dun variado programa de actividades culturais. 


Fonte: Faro de Vigo, Concello de Redondela.

Acércase o 1 de maio, acércanse os “Maios”

“Os Maios” é unha celebración popular que se fai nalgunhas zonas de Galicia,que forma parte do ciclo do maio, época de exaltación da natureza  para conmemorar a chegada da primavera e o remate do inverno, e propiciar nas orixes a obtención de boas colleitas.
A súa orixe está vinculada á manipulación da natureza por parte do ser humano, e aínda que non se sabe con exactitude créese que esta festa remóntase ós celtas e que colleu sona coa chegada dos romanos.

Actualmente estas festas, son unha demostración folclórica galega. E en Redondela ten especial importancia. O 1 de maio celébranse pasarrúas dos distintos “maios”, que son estruturas de madeira cubertas de musgo, flores silvestres, froitas, ovos, ó final do pasarrúas chégase á praza do Consello onde se poden escoitar diferentes coplas que se cantan arredor dos “maios”.
Hai un concurso no que se premian os mellores “maios”, divididos entre maios tradicionais que son os construídos con forma cónica, empregando materiais vexetais, especialmente fento, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas e técnicas construtivas mecánicas non sintéticas. Outra modalidade é o maio artístico que están construídos con forma non cónica empregando materiais vexetais, e técnicas construtivas que non serán exclusivamente mecánicas.

O único material non vexetal permitido para a decoración dos Maios nas dúas categorías é a casaca de ovo. No concurso tamén se premian as mellores coplas, que deben estar escritas en lingua galega, cada maio debe contar como mínimo con catorce coplas, e seis delas deberán ser interpretadas diante do xurado. Cando finaliza o concurso os Maios deben permanecer expostos no lugar que indique o xurado ou poder ser trasladados ás parroquias nas que foron realizados para así que dar expostos e que a xente poida seguir aproveitando estas obras.  


Este ano ademai hai unha exposición de fotografías antigas dos “maios”, estará ata o 4 de maio na sala 2 do Multiusos de A Xunqueira.

Fontes; Faro de Vigo, Diario Atlántico

Os personaxes da Batalla de Rande


Mércores, 30 de outubro de 2013




Sir George Rooke (1650-1709). Un dos comandantes navais máis exitosos do seu tempo. Rooke foi inusual entre os seus contemporáneos navais en ser un conservador que estaba vinculado, a través de dous dos seus tres matrimonios, co destacado conde Tory de Nottingham, secretario de William III Estado (norte).

En 1693 foille encargada a misión de asegurar a protección do convoi de Smyrne, que o almirante de Tourville dispersara despois da batalla de Lagos. Serviu na Mancha e no mar Mediterráneo até a Paz de Ryswick (1697). En 1702 foi quen de obter as vitorias de Cádiz e máis na batalla de Rande, na ría de Vigo. Dous anos despois colaborou con Cloudesley Shovell no asedio de Xibraltar, o 21 de xullo de 1704, obtendo o título de Gobernador de Gibraltar, aínda que provisorio, o 24 de xullo. 







Philips van Almonde (1644-1711) foi un pintor holandés do Almirante Tenente, que participou nos conflitos marítimos da nación do século XVII e principios do XVIII. 

En 1702, durante a Guerra de Sucesión Española, Van Almonde estaba detrás dun plan para apoderarse dos galeóns españois procedentes da Indias Occidentais. O 23 de outubro, convenceu almirante británico Sir George Rooke para atacar os barcos do tesouro a pesar do avanzado do ano e o feito de que os barcos estaban protexidos polos buques-of-the-line franceses. As forzas holandesas e inglesas na batalla de Rande destruíron a frota inimiga no porto de Vigo. Os ingleses apoderáronse de catro buques e seis galeóns, mentres que os holandeses tomaron seis buques de guerra e cinco galeóns que foran cargados de tesouros, pero lamentablemente descárganse xusto antes do ataque. 





François Louis Rousselet, marqués de Chateaurenault (1637-1716) era un francés vice-almirante e nobre. 

O 21 de outubro, o Marqués de Châteaurenault, que tiña ó seu cargo a custodia da flota española, decide refuxiarse no fondo da ría, dispoñendo as súas naves para a defensa dos galeóns españois. O día 22 a escuadra anglo-holandesa entra na ría, e fondea pola tarde, baixo o incesante bombardeo do forte de Vigo. O Marqués de Châteaurenault ordeou incendiar os propios barcos cando estaba todo perdido para evitar que caesen nas mans do inimigo. 

Converteuse en gobernador de Bretaña en 1704.







Don José Sarmiento de Valladares e Arines Troncoso Romay (San Román de Saxamonde, maio 1643 - Madrid, 10 de setembro de 1708), conde de Moctezuma e de Tula e duque de Atrisco.

En recompensa polos seus servizos ó estado, en 1704 o rei Felipe V concedeulle o título nobiliario de duque de Atrisco. Como recoñecemento aos seus servizos en México concedéuselle o 15 novembro de 1704 o título de duque de Atrisco, sen que o seu equívoco papel durante a arribada da frota a Vigo pesase no seu contra. O seu donativo de 100.000 escudos de prata entregados á Coroa para sufragar as urxencias da guerra contribuíron a iso. Máis adiante, agradeceu cun donativo de 1.000 dobróns de ouro unha renda de 4.000 concedida polo rei sobre rendas situadas na provincia de Yucatán. Mostra de que seguiu contando co favor do monarca ata o final dos seus días témola en que entre agosto de 1705 e febreiro de 1707 asumiu interinamente a presidencia do Consello de India.






Fuente: es.wikipedia.org; www.encyclopedia.com







"Os trobadores da ría de Vigo"

Luns, 9 de setembro de 2013


Os trobadores e xograres eran recitadores, cantores e músicos ambulantes que divulgaban en feiras, castelos, vilas...un repertorio musical e literario. 

Entre os cantores medievais da ría de Vigo podemos citar a Mendiño, Martín Códax, Xoán de Cangas e Nuno Pérez, entre outros. Os catro forman o grupo dos cantores de santuarios mariños: San Simón, Santiago de Vigo, San Mamede e San ClemenÇo do Mar.

De Mendiño só coñecemos o nome xograresco. A súa orixe non parece clara, procede moi probablemente dalgún punto da ría de Vigo, crese que máis concretamente de Redondela, pois exite un lugar chamado O Mendo que ten vistas á illa de San Simón. Só se conserva unha cantiga de amigo que está cosiderada entre as máis importantes da lírica galaicoportuguesa. Trátase dunha cantiga que inicia co verso "Sediam'eu na ermida de San Simón". Unha moza espera, ilusionada, ó seu amigo na ermida da illa de San Simón,  pois concertou unha cita secreta co seu amado no adro da ermida. El debe acudir coa súa barca pero falta á cita e as ondas van subindo. Á moza invádena sentimentos de angustia. 

Esta xoia literaria consérvase no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana e no da Biblioteca Nacional de Lisboa.

Na illa de San Simón atopáse un monumento ós trobadores medievais da ría de Vigo.



Fuente: As illas de San Simón. Aproximación á súa historia (José-Antonio Orge Quinteiro); albertosolana.wordpress.com

"A flora da illa de San Simón"


mércores, 31 de xullo de 2013

Xa de antigo, medraba nas illas moita e boa herba, que aproveitaban os habitantes dos arredores para o pasto das cabalerías. Había tamén plantas medicinais como a centáurea menor, a herba de San Xoán, o seoane, a herba moura, o sabugueiro, o fiuncho, o trevo, a dedaleira e outras moi estimadas. Ademáis aparaeceron evidentes indicios dun antigo plantío, atopándose no mesmo lugar menta, cantroxo, lirio azourido, mostaza, durmideira branca, mirto aromático, remolacha e algúns rosais xa incultos e silvestres.
Debido a isto, nas illas percibíase un olor moi suave e fragante que despedían as herbas aromáticas.

En gravados dos anos 1838/1842 compróbase a ausencia case total de arboredo.



Hoxe en día as illas teñen unha grande densidade de eucaliptos, que causan un grave prexuízo ás instalacións existentes. Observamos tamén algunhas acacias, plántanos, palmeiras, buxos centenarios e unha grande variedade de pequenas árbores froiteiras. Hai poucos anos experimentouse cun reducido viveiro de carballos, cando se pretendía repoboar as illas.
















Fuente: As illas de San Simón. Aproximación á súa historia (José-Antonio Orge Quinteiro)