Cando a cultura castrexa estaba no momento do seu máximo apoxeo aconteceu a expedición de Decio Xunio Bruto (137 a.C) e máis tarde a de Xulio César (61 a.C). Isto supuxo o comezo dunha forte romanización da comarca de Redondela.
Non se sabe cal foi o primeiro enfrontamento dos galaicos cos romanos. Algúns contan que este enfrontamento tivo lugar cando os mercenarios galaicos foron a Italia no exército de Aníbal no 218-216 a. de C.
A situación estratéxica de Redondela era de indiscutible importancia, pois estaba situada na vía romana XX "per loca marítima" que unía Braga con Lugo por Betanzos. Os restos que se conservan desta vía e doutras secundarias son escasos. Sen embargo, son abondosos os achados de miliarios que marcaban as vías realizadas nas parroquias de Saxamonde, Quintela, Cesantes e Vilar de Infesta. A estes achados súmanse os de varias necrópoles, vilas e outros obxectos menores.
Á illa de San Simón, os antigos chamáronlle "Búrbida". Así o afirman algúns historiadores e cronistas. Acerca da orixe de Redondela, Rodrigo Méndez Silva escribe no seu libro "Población General de España", que a súa fundación ven de tempos moi remotos anteriores á Lei de gracia.
Fuente: As Illas de San Simón. Aproximación á súa historia (José-Antonio Orge Quinteiro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario