"Os trobadores da ría de Vigo"

Luns, 9 de setembro de 2013


Os trobadores e xograres eran recitadores, cantores e músicos ambulantes que divulgaban en feiras, castelos, vilas...un repertorio musical e literario. 

Entre os cantores medievais da ría de Vigo podemos citar a Mendiño, Martín Códax, Xoán de Cangas e Nuno Pérez, entre outros. Os catro forman o grupo dos cantores de santuarios mariños: San Simón, Santiago de Vigo, San Mamede e San ClemenÇo do Mar.

De Mendiño só coñecemos o nome xograresco. A súa orixe non parece clara, procede moi probablemente dalgún punto da ría de Vigo, crese que máis concretamente de Redondela, pois exite un lugar chamado O Mendo que ten vistas á illa de San Simón. Só se conserva unha cantiga de amigo que está cosiderada entre as máis importantes da lírica galaicoportuguesa. Trátase dunha cantiga que inicia co verso "Sediam'eu na ermida de San Simón". Unha moza espera, ilusionada, ó seu amigo na ermida da illa de San Simón,  pois concertou unha cita secreta co seu amado no adro da ermida. El debe acudir coa súa barca pero falta á cita e as ondas van subindo. Á moza invádena sentimentos de angustia. 

Esta xoia literaria consérvase no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana e no da Biblioteca Nacional de Lisboa.

Na illa de San Simón atopáse un monumento ós trobadores medievais da ría de Vigo.



Fuente: As illas de San Simón. Aproximación á súa historia (José-Antonio Orge Quinteiro); albertosolana.wordpress.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario