Chega o esperado Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo), este ano na súa 16ª edición.
Organizado pola asociación Xente Titiriteira, a programación do festival trae actividades escolares, tanto en Chapela como en Redondela, e espectáculos abertos ao público. Haberá múltiples representacións de carácter gratuito que poderán ser contempladas nas rúas, prazas e xardíns da vila; outras serán en sala, no Multiusos da Xunqueira, previo paso pola billeteira.
Máis de setenta espectáculos na rúa encherán Redondela nos que os espectadores poderán desfrutar dos últimos traballos das compañías galegas Tanxarina, Trompicallo, Alakrán, Cascanueces ou Caramuxos, e doutras 19 compañías chegadas de distintos lugares do mundo. A Bruxa Titiriteira será a guía desta edición.
Fonte: http://www.blogoteca.com/xentetitiriteira/
No hay comentarios:
Publicar un comentario