Como cada
principios de maio, Redondela acolle a Festa do Choco. Esta festa gastronómica
de gran tradición na vila exalta o produto típico do municipio, xa que os
chocos abundan na Enseada de San Simón.
Os chocos de Redondela contan cun selo
de calidade que garante a súa orixe e mantén
un control total da trazabilidade do produto, sendo requisito
imprescindible estar adherido a esta marca para comercializar as elaboracións e
pratos de degustación na festa.
Mañá, inaugúrase
ás 12.00 horas, a carpa de degustación na que se poderán probar os distintos
pratos.
Durante a festa os
máis importantes hostaleiros do municipio, participan nunha competición
gastronómica . Este ano o concurso gastronómico realizarase o sábado 9 de maio,
ás 12.30 e será presentado por Carmen
Albo a directora do programa “Guisándome la vida” de Radio Vigo.
O domingo será a
lectura do pregón a cargo da actriz, cantante e presentadora Teté Delgado.
Durante a fin de
semana tamén se poderá gozar das diferentes actuación musicais que percorrerán
a vila e dun variado programa de actividades culturais.
Fonte: Faro de Vigo, Concello de Redondela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario