A Fábrica do Alemán foi creada en torno a 1836, comprouna Otto Gerdtzen Boyé, un alemán que a transformou en conserveira e que a usou de tapadeira para o tráfico de wolframio cara á industria armamentística alemá durante os anos 40 do século pasado. O wolframio foi determinante durante a guerra xa que se utilizaba para a blindaxe dos carros de combate. Os alemáns buscaron este material, de difícil localización, en Galicia, porque o réxime de Franco era amigo e, ademais, estaba en débeda polo apoio alemán ás súas tropas durante a Guerra Civil española.
Gerdtzen era un empresario alemán que empezou a súa actividade en Vigo en 1893. Adicábase á venda de máquinas e instalacións frigoríficas da firma alemá Linde para a conservación de peixe, motores mariños Otto-Deutz, aparellos para barcos e elementos diversos para a industria marítima e conservera. A firma tiña a súa sede en Vigo, no número 16 da rúa García Hernández (a actual rúa Urzáiz).
Ó rematar a Guerra Civil, e xunto a Karl August Vorkauf (empresario do sector químico e farmacéutico e un dos principais dirixentes da sección local do Partido Nazi en Vigo), Gerdtzen era un dos empresarios alemáns máis ricos de Galicia.
Aproveitando a súa experiencia no sector da maquinaria conserveira, en 1948 Gerdtzen introduce o negocio das conservas na xa centenaria fábrica de salgadura, usando o nome comercial de "Conservas Boyé".
En 1952 a fábrica abandona definitivamente o negocio da salgadura, dedicándose por completo ás conservas ata o seu peche en 1955. Dende esa data a factoría quedou abandonada e acabou sumíndose na ruína.
Gracias a unha iniciativa dos veciños de transformar as ruínas da Fábrica do Alemán nun espazo cultural centrado na batalla de Rande esta fábrica, a tan só 12 metros dun dos galeóns afundidos, abrirá as súas portas en breves co nome de "Meirande" (Centro de Interpretación da Batalla de Rande e do Patrimonio Industrial).
fuente: www.outono.net; www.farodevigo.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario