Mostrando entradas con la etiqueta fábrica do alemán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fábrica do alemán. Mostrar todas las entradas

O Meirande, testemuño vivo da Batalla de Rande

O 8 de novembro de 2013 abría as súas portas ó público o Centro de Interpretación de Rande, un museo creado para sensibilizar e concienciar á cidadanía da enorme riqueza histórica, cultural, artística e ambiental da zona, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico e industrial de Rande.
O piar do museo Meirande é a Batalla de Rande, acontecida o 23 de outubro de 1702,  na cal se enfrontaron as escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa dentro do contexto da Guerra de Sucesión Española. No centro tamén poden observarse obxectos da industria conserveira xa que o museo tivo a súa orixe nas antigas ruínas da coñecida como Fábrica do Alemán,  que debe o seu nome popular ó empresario alemán Otto Gerdtzen Boyé, que comprou a fábrica no ano 1944 e que foi gran colaborador dos nazis durante a II Guerra Mundial.

O museo divídese en varias salas, que reciben os nomes de Sala de Máquinas, Audiovisuais, A Busca do Tesouro, A Época, A Batalla, O Cargamento. Nelas recréase a época, as mercancías e a batalla, así como diversos aspectos da conserveira Boyé. No exterior das salas tamén poden verse carteis explicativos da fábrica e durante o percorrido poderemos ver varios obxectos pertencentes á industria conserveira.
 

Ademais o museo atópase nun lugar privilexiado á beira na Ría de Vigo dende o que se pode ver  a ponte de Rande e a enseada de San Simón. Só no seu primeiro ano de vida o museo superou as 15.000 visitas. A entrada é gratuíta e mensualmente fanse visitas teatralizadas que atraen a un gran número de visitantes. Nestas visitas, uns actores ataviados coa roupa da época acompañan a xente no seu percorrido polas distintas salas e representan episodios que aconteceron ó longo da batalla.

    Fontes: Faro de Vigo, Diario Atlántico

Nostradamus predixo a batalla de Rande (2013, Vigo)

mércores, 20 de novembro de 2013




"Parecía un lago ardendo que se abría. Vimos nada máis que lume e fume. O noso capitán, disparando os seus canóns, era como un demo no seu barco. As chamas daquela noite eran tan intensas que parecía de día; podía ler as pequenas letras do meu propio escrito. Había centos de homes mortos na baía, medio queimados, afogados. Flotaban e pasaban preto do noso buque. Vin corpos ríxidos flotando con medio torso fóra da auga, destruídos polos disparos dos canóns ou consumidos nas naves incendiadas. Na cuberta había sangue ata os nocellos, mesturado coa auga da chuvia. Todo era tan terrible que faltan palabras para describilo".

O texto que abre este artigo podería parecer un fragmento da Apocalipse de San Juan. Non o é. É a crónica que deixou escrita o predicador holandés Petrus Zaunsliever, que viaxaba a bordo do buque de guerra Zeven Provincien na Batalla de Rande. E non é o único, entre as testemuñas do desastre de 1702, que describe o dantesco espectáculo que deixou na ría o que os ingleses chaman The Battle of Vigo Bay.

Un «mar en chamas» é a imaxe que adoitan elixir todos os que sobreviviron á batalla. O lume dos galeóns incendiados converteu a noite en día aquel 23 de outubro de 1702. Mentres as explosións e os canóns que disparaban espontaneamente seguiron matando ingleses e holandeses cando xa estaban a celebrar a súa vitoria.

Que a Batalla de Rande foi o mesmo inferno é sabido. O que non coñeciamos ata agora é que un médico e astrólogo da Provenza, chamado Michel de Notre-Dame, a predixo un século e medio antes, en 1555, na súa obra Las verdadeiras centurias astrolóxicas e profecías. Ese visionario era Nostradamus e un investigador inglés,Mario Reding, afirma no seu último libro que a Cuarteta Segunda da súa Centuria Décima era a predición da batalla na que unha escuadra anglo-holandesa esmagou na enseada de San Simón á Frota da Prata e á Armada Francesa en pleno.

Nostradamus, segundo Reding, predixo a Batalla de Rande nestes versos: «As galeras esconderanse/ La gran frota fará saír á menor/Diez próximas naves de lume forzarana / Los grandes aliados, unidos na fe, serán vencidos». 
Trátase dunha das cuartetas nas que o astrólogo compuxo as súas Profecías. E o escritor inglés ve nela The Battle of Vigo Bay, sen ningunha dúbida. "Seguindo o índice número dous de Nostradamus, parece que esta cuarteta describe a primeira vitoria británica na Guerra de Sucesión, en Vigo, en 1702"-escribe Reding na súa obra "Las completas profecías de Nostradamus", de recente aparición no Reino Unido.

Mario Reding é experto en Literatura Comparada e autor de novelas de éxito. Reding explica que Rande foi «un absoluto desastre para os franceses e unha completa vitoria para o almirante Rooke e os seus aliados. Os fortes de Vigo foron tomados e a armada franco española ao completo foi incendiada, afundida ou capturada. Morreron na Batalla de Vigo dous mil mariñeiros españois e franceses e 800 aliados».

A proba de que a vitoria de Vigo é o tema desta cuarteta deNostradamus, vén na liña tres, onde di: dez próximas naves de lume forzarana, afirma Mario Reding, para xustificalo así: «Os británicos tiñan exactamente dez brulotes (fire ships, naves de lume), cuxo obxectivo foi inutilizar os buques franceses e impedir que usasen a súa artillaría contra a frota,».

Fonte: www.lavozdegalicia.es (Eduardo Rolland, Vigo/ La Voz-29 de abril de 2013)

"A historia da Fábrica do Alemán"

xoves, 2 de maio de 2013


A Fábrica do Alemán foi creada en torno a 1836, comprouna Otto Gerdtzen Boyé, un alemán que a transformou en conserveira e que a usou de tapadeira para o tráfico de wolframio cara á industria armamentística alemá durante os anos 40 do século pasado. O wolframio foi determinante durante a guerra xa que se utilizaba para a blindaxe dos carros de combate. Os alemáns buscaron este material, de difícil localización, en Galicia, porque o réxime de Franco era amigo e, ademais, estaba en débeda polo apoio alemán ás súas tropas durante a Guerra Civil española.


Gerdtzen era un empresario alemán que empezou a súa actividade en Vigo en 1893. Adicábase á venda de máquinas e instalacións frigoríficas da firma alemá Linde para a conservación de peixe, motores mariños Otto-Deutz, aparellos para barcos e elementos diversos para a industria marítima e conservera. A firma tiña a súa sede en Vigo, no número 16 da rúa García Hernández (a actual rúa Urzáiz).

Ó rematar a Guerra Civil, e xunto a Karl August Vorkauf (empresario do sector químico e farmacéutico e un dos principais dirixentes da sección local do Partido Nazi en Vigo), Gerdtzen era un dos empresarios alemáns máis ricos de Galicia.

 


Aproveitando a súa experiencia no sector da maquinaria conserveira, en 1948 Gerdtzen introduce o negocio das conservas na xa centenaria fábrica de salgadura, usando o nome comercial de "Conservas Boyé".

En 1952 a fábrica abandona definitivamente o negocio da salgadura, dedicándose por completo ás conservas ata o seu peche en 1955. Dende esa data a factoría quedou abandonada e acabou sumíndose na ruína. 
 
Gracias a unha iniciativa dos veciños de transformar as ruínas da Fábrica do Alemán nun espazo cultural centrado na batalla de Rande esta fábrica, a tan só 12 metros dun dos galeóns afundidos, abrirá as súas portas en breves co nome de "Meirande" (Centro de Interpretación da Batalla de Rande e do Patrimonio Industrial).


fuente: www.outono.net; www.farodevigo.es