O tesouro da Guerra de Sucesión dorme na ría de Vigo


A Guerra de Sucesión Española foi a transición dinástica máis difícil e complicada que nunca antes asistira ós españois. Esta guerra foi un conflito internacional que enfrontaron ó pobo español por un lado e ós pretendentes ó trono por outro. Tamén foi a primeira conflagración mundial da Idade Moderna.

O último rei da dinastía Habsburgo, herdeira dos dereitos dinásticos dos reis Católicos, non deixou descendencia, provocando unha guerra de intereses entre os monárquicos españois e os pretendentes á coroa española, a borbónica dende Francia e habsburga de Austria.

O novo rei herdeiro de Carlos II de España, fará fronte á oposición das principais potencias europeas nesta Guerra de Sucesión ata 1714, para asegurarse a súa ascensión ó trono de España. Grazas á tenacidade do novo rei, a sorprendente recuperación militar de Castela, e á sucesión do opoñente de Felipe ó trono do Imperio Austríaco, o monarca Borbón asumirá a coroa española e iniciará unha nova dinastía neste país.

Neste escenario desencadéase a famosa batalla de Rande, batalla que enfrontou as escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa polos tesouros que estes últimos traían das américas. A enseada foi o escondite elexido polos españois para pasar desapercibidos ante os ollos do inimigo. A pesares disto, foron descubertos polas tropas anglo-holandesas que se dispuxeron a tomar os castelos de Rande e Corveiro, feito que finalmente provocou a batalla.

Esta batalla xunto coa conseguinte destrución da frota de India, produce na política española da época dous feitos totalmente opostos: un negativo, cual é a dependencia española de Francia para realizar o comercio con América; o outro positivo e de extraordinaria importancia, pois pon en mans do rei o efectivo necesario para afrontar a longa Guerra que pendía sobre a Península, ó tempo que é posible pagar a Francia parte da axuda militar que prestaba ó noso país.

No mundo cultural, entramos de cheo na Ilustración, onde as ideas fundamentais deste movemento son as obras do filósofo máis influente do momento, Voltaire. Realízanse diferentes manifestacións nacionais do ilustrismo. Aparecen Isaac Newton, Thomas Hobbes,Rousseau, Montesquieu, Adam Smith ou John Locke e difúndese por Europa o significado deste movemento espiritual de tipo filosófico e escéptico, que ilumina unhas mentes herdadas da época medieval, con concepcións erróneas da vida e inténtase liberar as persoas dos seus prexuízos e medos ante as autoridades políticas.

Felipe V impulsará durante o seu reinado, unha economía de signo librecambista e intentará restablecer unha política fiscal igualitarista. Rematará o seu reino cunha contraditoria política autoritaria contra os privilexios.

Así pois, pódese afirmar que os grandes derrotados da guerra foron os austracistas defensores non só dos dereitos da dinastía dos Austrias senón do mantemento do carácter "federal" da Monarquía Hispánica.







Fonte: www.phistoria.net; www.todoababor.es; es.wikipedia.org






No hay comentarios:

Publicar un comentario