Os galeóns de Rande

mércores, 4 de decembro de 2013

O 15 de outubro de 1702 entrou na ría de Vigo o cargamento máis rico traído de América dende o descubrimento. Dezanove galeóns españois, escoltados por vinte e tres barcos de guerra franceses, portaban cento oito millóns de pezas de prata, ouro e outras mercadorías preciosas destinadas a custear a Guerra de Sucesión en favor de Felipe V. Retrasos burocráticos permitiron a chegada dunha frota de piratas anglo-holandeses que, tras feroz batalla, se levaron uns corenta millóns de pezas. O resto permanece, hoxe, no fondo da ría viguesa...






Fonte: www.revistaiberica.com; vigo al minuto (www.youtube.com)




No hay comentarios:

Publicar un comentario