Estamos a piques de rematar o ano 2013 e como é típico nestas datas, reflexionamos sobre o que fixemos durante o ano e sobre futuros propósitos a alcanzar. Tamén nós queremos facer esa reflexión, pero enfocada ás transformacións que os proxectos Marisma e Marisma Máis fixeron do municipio de Redondela un lugar máis atractivo para cidadáns e turistas.
Un dos grandes valores do noso municipio é, sen lugar a dúbidas, a súa riqueza ambiental, paisaxística e cultural, parte da que é responsable a Enseada de San Simón. O que Redondela necesitaba era recuperar esas zonas para dar paso a unha nova mentalidade.
Gracias ó proxecto Marisma realizáronse actividades como a de saneamento, plan de iluminación ou paseo peonil polo bordo do río Pexegueiro coas que ademáis de resaltar a riqueza ambiental se abriu paso a unha nova concienciación cidadá sobre a súa contorna.
Ligado á Enseada de San Simón, realizouse un estudo de Potenciación Turística mediante o cal se pretende unha maior explotación dos recursos e gracias o cal poderemos desfrutar de diversos servicios turísticos de ocio e diversión na contorna da Enseada. Este estudo da lugar ó nacemento do proxecto Marisma Máis.
En relación á aposta polas novas tecnoloxía, créase a rede wifi nos diversos centros sociais e culturais, alcanzando unha mellora no tocante a espacios de ocio e esparcemento para os veciños e, ó mesmo tempo, considerando con especial atención os criterios de accesibilidade e mobilidade para o seu uso.
Redondela tamén aposta polo deporte, motivo suficiente para levar a cabo a rehabilitación integral do pavillón, coa que se obtivo unha mellora do o 100% da calidade das súas instalacións. Nun futuro, preténdese unha ampliación da área deportiva-cultural da Marisma, debido a que as instalacións deportivas existentes, non son capaces de atender á demanda dos diferentes equipos deportivos nin da ciudadanía en xeral.

Un dos acontecementos máis importantes do ano 2013, foi inauguración do Meirande, o centro de interpretación da batalla de Rande. Nel, os veciños viron cumprido un dos seus maiores desexos despois dunha larga loita pola súa rehabilitación. O interese que desperta este museo pódese comprobar na súa cantidade de visitas, superando as 3000 no se primeiro mes de existencia.
O acondicionamento da marxe litoral de Cesantes e aconstrución dun novo pavillón deportivo conforman algunhas das futuras actuacións que permitirán mellorar a calidade de vida de Redondela para que o seu patrimonio sexa desfrutado e teña por fin o recoñecemento que tanto se merece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario