O patrimonio arqueolóxico e histórico da Enseada


mércores, 15 de xaneiro de 2014


Entre o patrimonio arqueolóxico e histórico da Enseada adquiren gran protagonismo os castelos ou baterías defensivas, tanto medievais como da época moderna, que se construíron para defender o acceso ó estreito de Rande.


Do lado sur do estreito, en Redondela, estaba o castelo de Rande, que tiña o seu parello na costa de en fronte, a Batería de Punta Corveiro, dende a cal se tiraba unha cadea ata o castelo de Rande para controlar o acceso a Enseada de San Simón. Este castelo tivo un papel crucial na batalla de Rande de 1702 xa que, para protexer a frota, dende el estendíanse cadeas ó outro extremo do estreito de maneira que os barcos atacantes quedasen bloqueados cando perseguían á frota española. Pode ser que o Castelo de Rande xa existise no S. XVI, mentres que a do Corveiro é posterior.Tanto o Castelo de Rande como a Batería da Punta Corveiro, foron destruídos durante a batalla de Rande.


A finais do sec. XVIII a Coroa decidiu restituílos. Xa no S. XX e coas dúas fortificacións arruinadas, aprovéitanse os materiais para a construción doutros elementos (cargadeiro de mineral entre outros). Da batería non existe ningún resto localizable, pero do Castelo de Rande consérvase a Torre.





Fonte: Estudo sobre o patrimonio turístico da Enseada/ Imaxe: www.numismaticodigital.com/

1 comentario:

  1. Casino Finder (Google Play) Reviews & Demos - Go
    Check Casino aprcasino Finder (Google Play). A gri-go.com look at some of the best worrione.com gambling sites in the world. They offer https://deccasino.com/review/merit-casino/ a https://septcasino.com/review/merit-casino/ full game library,

    ResponderEliminar