As centenarias quintillas de Anselmo Feijoo
Pois que sempre algún Malsín
tacha a miña boa ley
déixenme chorar sin fin
desgracias en que nacín
na lengua en que me criei.
Quérenme fingir culpada
en que a frota se perdeu,
porque con pena dobrada
ela ardía, e eu tisnada
duas perdas chorei eu.
O peito o door me traspasa
vendo a miña sorte dura
que unha vez que tan sin tasa
veu riqueza à miña casa
veu por miña desventura.
Din que non quixen facer
nada á os ingreses que entraron;
eu ben quixen parecer;
máis ¿como podía vencer
a quen non ver me deixaron?
...
Todo o mundo me é testigo
canto chorei e sentín
cando estaba presa en Vigo
vendo solto a o enemigo
e verme encerrada a min.
Chorei a o ver a armada
do ingrés que había saido
vendo de xente malvada
a miña terra pisada
e a todo o ceu ofendido.
Chorei a o ver pelexar
tanto francés de importancia
que valía a o meu ollar
cada home por un par
anque o par fose de Francia.
Moitos que alí pereceron
mellor que nôs na contenda
quedaron, anque morreron;
eles a vida perderon,
nôs a honra e a facenda.
...
Mirei as naves arder,
vin volto en volcán ô mar
lume na auga encender
homes no aire correr
leños no fogo nadar.
Todo este daño causou
n'un momento o enemigo:
fe de todo agora dou,
que o príncipe me chamou
no máis que por ser testigo.
Fonte: Compilación documental sobre la batalla de Rande (documentación e transcrición: Sagrario Abelleira Méndez, Alejandro de Arce Andratschke, Carmen Saavedra Torreiro). Ed: Museo do Mar de Galicia, 2002.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario