Mostrando entradas con la etiqueta Vigo; MEIRANDE; Rande. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vigo; MEIRANDE; Rande. Mostrar todas las entradas

Redondela, unha vila de historia, natureza e tradicións

No interior da Ría de Vigo atópase o municipio de Redondela, tamén coñecido como a "vila dos viadutos", xa que son estas construcións (Pedro Floriani e o viaduto de Pontevedra, catalogados como bens de interese cultural) as que marcan a súa fisionomía.

O carácter costeiro de Redondela propiciou ao longo da súa historia continuos ataques dende o mar protagonizados por piratas e frotas de diversos países, entre os que destaca a máis que coñecida Batalla de Rande do ano 1702.

Gracias ao seu privilexiado ámbito natural, o municipio constitúe un lugar ideal para gozar tanto dos praceres do mar coma da montaña. Conta con dous areais destacados, a praia de Cesantes e Arealonga. A emblemática illa de San Simón, antigo lazareto e cárcere franquista, pode coñecerse mediante visitas guiadas.

Internándose no municipio áchanse dous percorridos importantes: a Ruta dás Pedras e a Ruta dá Auga. Esta última constitúe un miradoiro excepcional sobre a ría de Vigo. Outra ruta relevante é Maceiriña, que discorre por Monte Penide. Este enclave alberga restos prehistóricos -dolmens e petroglifos- que datan do Neolítico. Considérase unha das necrópoles máis importantes de Galicia e entre os seus depósitos destaca a "Mámoa do Rei". Dada a súa altitude, 329 metros, Monte da Peneda supón outro balcón redondelano sobre a ría de Vigo.

No espazo que ocupaba a antiga conservera Boyé, tamén coñecida como "fábrica do alemán", a beiras da Enseada de San Simón, sitúase o centro de interpretación da Batalla de Rande, denominado Meirande. A entrada é gratuíta e mensualmente realízanse visitas teatralizadas.

No tocante a ocio e festa do municipio, o rico calendario festivo e cultural de Redondela é outro dos seus atractivos. Destacan o festival nacional de curtametraxes Redondela en curto, a Festa dos Maios, Redondela Danza, a Festa Gastronómica do Choco, o Festival Internacional de Monicreques, a Festa da Coca, durante a cal o día de Corpus Christi teñen lugar as tradicionais danzas das espadas e das penlas, e o popular Entroido de Verán, un evento de grande acollida entre o público.





Fonte: Faro de Vigo


Redondela cambia. Cambia con Redondela

Estamos a piques de rematar o ano 2013 e como é típico nestas datas, reflexionamos sobre o que fixemos durante o ano e sobre futuros propósitos a alcanzar. Tamén nós queremos facer esa reflexión, pero enfocada ás transformacións que os proxectos Marisma e Marisma Máis fixeron do municipio de Redondela un lugar máis atractivo para cidadáns e turistas.

Un dos grandes valores do noso municipio é, sen lugar a dúbidas, a súa riqueza ambiental, paisaxística e cultural, parte da que é responsable a Enseada de San Simón. O que Redondela necesitaba era recuperar esas zonas para dar paso a unha nova mentalidade. 

Gracias ó proxecto Marisma realizáronse actividades como a de saneamento, plan de iluminación ou paseo peonil polo bordo do río Pexegueiro coas que ademáis de resaltar a riqueza ambiental se abriu paso a unha nova concienciación cidadá sobre a súa contorna.





Ligado á Enseada de San Simón, realizouse un estudo de Potenciación Turística mediante o cal se pretende unha maior explotación dos recursos e gracias o cal poderemos desfrutar de diversos servicios turísticos de ocio e diversión na contorna da Enseada. Este estudo da lugar ó nacemento do proxecto Marisma Máis.

En relación á aposta polas novas tecnoloxía, créase a rede wifi nos diversos centros sociais e culturais, alcanzando unha mellora no tocante a espacios de ocio e esparcemento para os veciños e, ó mesmo tempo, considerando con especial atención os criterios de accesibilidade e mobilidade para o seu uso. 

Redondela tamén aposta polo deporte, motivo suficiente para levar a cabo a rehabilitación integral do pavillón, coa que se obtivo unha mellora do o 100% da calidade das súas instalacións. Nun futuro, preténdese unha ampliación da área deportiva-cultural da Marisma, debido a que as instalacións deportivas existentes, non son capaces de atender á demanda dos diferentes equipos deportivos nin da ciudadanía en xeral.

Un dos acontecementos máis importantes do ano 2013, foi inauguración do Meirande, o centro de interpretación da batalla de Rande. Nel, os veciños viron cumprido un dos seus maiores desexos despois dunha larga loita pola súa rehabilitación. O interese que desperta este museo pódese comprobar na súa cantidade de visitas, superando as 3000 no se primeiro mes de existencia.




O acondicionamento da marxe litoral de Cesantes e aconstrución dun novo pavillón deportivo conforman algunhas das futuras actuacións que permitirán mellorar a calidade de vida de Redondela para que o seu patrimonio sexa desfrutado e teña por fin o recoñecemento que tanto se merece.