Acércase o 1 de maio, acércanse os “Maios”

“Os Maios” é unha celebración popular que se fai nalgunhas zonas de Galicia,que forma parte do ciclo do maio, época de exaltación da natureza  para conmemorar a chegada da primavera e o remate do inverno, e propiciar nas orixes a obtención de boas colleitas.
A súa orixe está vinculada á manipulación da natureza por parte do ser humano, e aínda que non se sabe con exactitude créese que esta festa remóntase ós celtas e que colleu sona coa chegada dos romanos.

Actualmente estas festas, son unha demostración folclórica galega. E en Redondela ten especial importancia. O 1 de maio celébranse pasarrúas dos distintos “maios”, que son estruturas de madeira cubertas de musgo, flores silvestres, froitas, ovos, ó final do pasarrúas chégase á praza do Consello onde se poden escoitar diferentes coplas que se cantan arredor dos “maios”.
Hai un concurso no que se premian os mellores “maios”, divididos entre maios tradicionais que son os construídos con forma cónica, empregando materiais vexetais, especialmente fento, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas e técnicas construtivas mecánicas non sintéticas. Outra modalidade é o maio artístico que están construídos con forma non cónica empregando materiais vexetais, e técnicas construtivas que non serán exclusivamente mecánicas.

O único material non vexetal permitido para a decoración dos Maios nas dúas categorías é a casaca de ovo. No concurso tamén se premian as mellores coplas, que deben estar escritas en lingua galega, cada maio debe contar como mínimo con catorce coplas, e seis delas deberán ser interpretadas diante do xurado. Cando finaliza o concurso os Maios deben permanecer expostos no lugar que indique o xurado ou poder ser trasladados ás parroquias nas que foron realizados para así que dar expostos e que a xente poida seguir aproveitando estas obras.  


Este ano ademai hai unha exposición de fotografías antigas dos “maios”, estará ata o 4 de maio na sala 2 do Multiusos de A Xunqueira.

Fontes; Faro de Vigo, Diario Atlántico

No hay comentarios:

Publicar un comentario